Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Comercio internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame (segundo modalidade) no que se avaliará todos os contidos traballados na Parte I do curso. 40 B2
B3
B4
B6
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C11
C13
D2
D3
D5
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame (segundo modalidade) no que se avaliará todos os contidos traballados na Parte II do curso. 40 B2
B3
B4
B6
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C11
C13
D2
D3
D5
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Poderase realizar un ou dous controis que consistirán na resolución de exercicios. 20 B2
B3
B4
B6
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C11
C13
D2
D3
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron
lugar.

 

SISTEMA AVALIACIÓN CONTINUA
(AC)
 

Neste caso a avaliación da
materia constará das seguintes probas. 2 exames parciais que pesarán cada un un
40% da nota e controis que pesarán en total un 20%.

 

1.- Parcial Parte I (40%): Teoría do Comercio Internacional
(temas 1-5). Este exame realizarase a metade do cuadrimestre nunha data que
estará fixada a principio de curso.   

2.- Parcial Parte II (40%): Macroeconomía Internacional
(temas 6-11). Este exame realizarase ao final do cuadrimestre nunha data que
estará fixada a principio de curso.  

3.- Controis (20%). Poderase realizar un ou dous
controis que consistirán na resolución de exercicios. A data destes controis
será anunciada con suficiente antelación.

 

Para aprobar a materia, a
cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada
unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos
(sobre 10)
. Se non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas
parciais, poderase recuperar na data oficial recollida na páxina web da
facultade (http://fccee.uvigo.es). Se nese exame tampouco se alcanza a
puntuación mínima (ou non se presenta ao exame), a nota final máxima da materia
será de 4 puntos.

 

Considerarase que o alumnado
se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das
probas/actividades de avaliación desta modalidade.

 

PROBA AVALIACIÓN GLOBAL (AG)

O estudantado que se acolla
a esta modalidade realizará unha proba de
toda a materia
polo 100% da nota, na data oficial establecida no calendario
de exames.

 

Convocatoria Xullo: Na convocatoria
extraordinaria, o estudantado realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota..

 

Convocatoria Fin de Carreira: O estudantado matriculado
na convocatoria fin de carreira realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota.

 

Os estudantes que non
participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como non presentados.

 

Recoméndase ao alumnado ter
en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
).

 

As
datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as
datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade,
http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000