Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Comercio internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Para levar a cabo a avaliación continua realizaranse ao longo do curso varias probas sobre os diferentes temas que inclúe a materia. 40 B2
B3
B4
B6
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C11
C13
D2
D3
D5
D7
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames. O exame avaliará toda a materia exposta ao longo do curso. 60 C5
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª convocatoria o
alumno/a terá a posibilidade de superar a materia a través da avaliación
continua.

Se o alumno/a non realizou a
avaliación continua ou quere mellorar a cualificación obtida a través desta, poderá
presentarse ao exame final escrito
. Nese caso, a nota final da materia
resultará da suma ponderada da nota obtida na avaliación continua,
que supoñerá un 40% da nota final, e a nota obtida no exame escrito,
que valerá o 60% restante da nota final. Para aprobar a materia será preciso
obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na 2ª
convocatoria manterase este mesmo criterio;
 é dicir, a nota da
avaliación continua pondérase por un 40% e a nota do exame escrito por un 60%.

Avaliación continua:

O 40% (no caso de optar por presentarse ao exame final) ou o 100%
da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a
asistencia tanto ás clases teóricas coma ás clases prácticas e a nota das
probas que se realizan ao longo do curso. Concretamente, a puntuación será a
seguinte:

Ata 10 puntos polas notas das probas realizadas.

A asistencia ás clases teóricas e clases prácticas é obrigatoria
para poder realizar unha avaliación continua, polo que a ausencia inxustificada
será penalizada segundo os seguintes criterios:



    • 0-3 faltas sen xustificar: Non se
      restan puntos.

    • 4-5 faltas sen xustificar: 1
      punto menos.

    • 6-7 faltas sen xustificar: 2
      puntos menos.

    • A partir de 8 faltas sen
      xustificar: A puntuación da avaliación continua reducirase en 2 puntos
      por cada nova falta


 

Exame escrito (ata 6 puntos)

:

Realizarase un exame final escrito, no caso de que o alumno/a non
realizase a avaliación continua ou desexe mellorar a cualificación obtida nela,
que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames. Será
necesario, para poder superar a materia, alcanzar unha nota de 5 puntos sobre
10 no exame.

Os alumnos que non realicen a
avaliación continua nin o exame final teñen dereito a figurar en actas como
"non presentados"

 

NOTA IMPORTANTE SOBRE A 2ª
CONVOCATORIA
:

A cualificación que obtivesen
os alumnos pola avaliación continua manterase na 2ª convocatoria.

As datas de exames se poderán atopar na seguinte ligazón: http://fccee.uvigo.es/calendario-exames-201415.html

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000