Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Políticas económicas comparadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a participación nas clases, os exercicios, cuestionarios e calquera outro traballo que se propoña nas clases prácticas. 10 B4
C3
C5
C8
C9
C11
C12
D2
D4
D7
Aprendizaxe colaborativa Valorarase a participación nas clases, os resultados do traballo en grupo e a implicación co mesmo. 10 B4
C3
C5
C8
C9
C11
C12
D2
D4
D7
Flipped Learning Valorarase a participación nas clases e os resultados do traballo realizado. 10 B4
C3
C5
C8
C9
C11
C12
D2
D4
D7
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse ao longo do curso exames de preguntas obxectivas sobre o temario da materia. Esíxese un nivel mínimo de coñecementos para superar a materia. 70 B4
C3
C5
C8
C9
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado pode elexir entre seguir un sistema de avaliación continua ou ben facer unha proba de avaliación global. Neste último caso, terá que demostrar que adquiriu as competencias esixidas na materia, do mesmo modo que se seguira un proceso de avaliación continua. Tanto co proceso de avaliación continua como co global poderase obter o 100% da cualificación.

Os/as alumnos/as que renuncien ao sistema de avaliación continua deberán comunicarllo á persoa coordinadora da materia nas primeiras semanas do cuadrimestre (unha vez iniciadas as clases prácticas).

  • No proceso de avaliación continua terase en conta o resultado das actividades realizadas nas clases prácticas e o resultado das probas parciais desonvolvidas durante o curso. As actividades das clases prácticas ponderan un 30% do total da materia. As probas parciais ponderan, entre todas, un 70% do total da materia. En calquera caso, ningunha destas probas ponderará máis do 40% do total da materia. Por necesidades de organización docente, a última destas probas parciais poderá realizarse na mesma data que a proba de avaliación global oficial da materia.
  • Para superar a materia polo sistema de avaliación continua esíxese unha cualificación superior a 4 puntos sobre 10 tanto nas probas correspondentes á docencia práctica como nas probas parciais. En calquera caso, para superar a materia, a nota media ponderada das probas realizadas ao longo do curso ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre un total de 10. 
  • A cualificación obtida nas prácticas, para aquel alumnado que o solicite, manterase até a segunda convocatoria. 
  • Alternativamente
    ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cunha única proba de avaliación global que suporá o 100% da cualificación. A proba dividirase en duas partes: unha de contidos teóricos e outra de contidos  prácticos. A parte teórica ponderará o 70% do total; a parte práctica ponderará o 30% do total. Isto tamén será de aplicación na segunda convocatoria. Para superar o exame esíxese unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes. En calquera caso, para poder superar a materia, a nota media ponderada das distintas partes do exame ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 
  • Na convocatoria de Fin de
    carreira o exame suporá o 100% da cualificación.

O horario de titorías poderá ser consultado na web da materia en Moovi. 
As datas de exames deberán ser consultadas na Páxina web da Facultade:http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000