Guia docente 2022_23
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Políticas económicas comparadas
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario As clases prácticas, do mesmo xeito que as titorías en grupo realizadas mediante seminarios, teñen como obxectivo axudar ao alumnado a consolidar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas. Ademais, permiten ao profesorado orientar aos/ás estudantes e resolver as dúbidas que poidan xurdir no proceso de aprendizaxe.
Resolución de problemas A resolución de problemas, do mesmo xeito que as titorías en grupo realizadas mediante seminarios, teñen como obxectivo axudar ao alumnado a consolidar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas. Ademais, permiten ao profesorado orientar aos/ás alumnos/as e resolver as dúbidas que poidan xurdir no proceso de aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa O traballo en grupo, coa orientación do profesorado, permítelle ao alumnado ser responsable da súa aprendizaxe e, á vez, a facilitar a aprendizaxe aos seus/súas compañeiros/as. O profesorado supervisa a asignación de tarefas e as discusións teóricas entre os membros do grupo para garantir un bo resultado final.
Flipped Learning Coa metodoloxía Flipped Learning, o profesorado guía e facilita os procesos de aprendizaxe, retroalimenta o desempeño dos equipos de traballo e ao alumnado individualmente, e xenera espazos para a coavaliación e a autoavaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000