Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Só se aplicará ao alumno que asista como mínimo ao 80% das clases prácticas.
5 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
C1
C2
C6
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Probas de elección múltiple sobre cuestións teóricas e prácticas de materia. 35 A1
A2
A3
C1
C2
C4
C5
C6
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba que consta de dúas partes, unha de tipo test con preguntas teóricas e prácticas curtas, e outra con exercicios a resolver similares aos resoltos durante o curso. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B6
B7
C1
C2
C4
C5
C6
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Cada estudante poderá optar entre avaliación continua ou exame global da materia. Serán avaliados a través dun exame global (1) os estudantes que non se presenten a ningunha proba de avaliación continua e (2) os estudantes que renuncien a avaliación continua antes do 12 de marzo.

Avaliación continua
- Un 5% da cualificación obterase pola entrega das resolucións de exercicios ou cuestións, algunha delas realizadas nas clases prácticas.
- Un 35% obterase coa realización de dous controis que se farán ao longo do curso.
- O 60% restante corresponderá cun exame global valorado sobre 10 puntos. Para poder aprobar a materia será imprescindible obter polo menos 4 dos 10 puntos. Se non se cumpre a condición anterior, a nota final máxima da materia será de 4,5 puntos.

A nota final do que non se presente ao exame será a nota obtida polas restantes probas de avaliación continua.

Exame global
O exame será valorado sobre 10 puntos. Para poder aprobar a materia debe obterse unha nota igual ou superior a 5.

Exame de fin de carreira
O exame de fin de carreira suporá o 100% da nota.

As datas oficiais dos exames poden ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000