Guia docente 2014_15
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios
<br> Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
<br><br>
5
Presentacións/exposicións Análise dunha industria concreta na que se estudie e reflexione sobre diferentes cuestións económicas referidas ao poder de mercado e os seus efectos. 15
Probas de tipo test Probas de elección múltiple sobre cuestións teóricas e prácticas de materia. 20
Probas de resposta curta Probas que constan de dúas partes, unha con preguntas teóricas para respostar de maneira breve, e outra con exercicios a resolver similares aos resoltos durante o curso. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consta de dous elementos:

I. Avaliación continua (ata 4 puntos): Esta inclúe:

1. Entrega das follas de exercicios e asistencia as clases prácticas (0,5 puntos).

2. Desenvolvemento do traballo de curso e presentación (1,5 puntos).

3. Probas tipo test. Realizaranse 2 probas tipo test (2 puntos)

II: Probas: Realizaranse 2 probas (ata 6 puntos):

1. Exame parcial co contido teórico e práctico dos temas 1 a 4. Os alumnos que teñan superado o exame parcial (para o cal é necesario ter acadado unha cualificación igual ou superior a 3 dos 6 puntos do exame) solo terán que examinarse da parte correspondente aos temas 5 a 8. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.

2. Exame final: constará de 2 partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 4, e a segunda aos temas 5 a 8), cada unha delas valorada sobre 6. Para poder aprobar a materia será preciso obter un mínimo de 2 dos 6 puntos en cada unha das partes. Neste caso a nota do exame será obtida como media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das partes.

Observación: A nota final resulta da suma dos elementos de avaliación sinalados. Nembargantes, a puntuación do exame sómente será tida en conta cando o alumno obteña unha nota de exame igual ou superior a 2 dos 6 puntos. En caso contrario a nota será igual a puntuación obtida na avaliación continua. Pola súa banda, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a acadada na avaliación continua.

Para superar a materia o alumno deberá obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos.


Convocatoria de exames curso 2014-15. 1ª conv.: 18-maio, 16 h; 2ª conv.: 1-xullo, 16 h.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000