Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía industrial
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B2 Competencias ligadas á procura e organización de documentación e á presentación do seu traballo de maneira adecuada á audiencia
B3 Exercitar habilidades de aprendizaxe autónoma que abran campos para a innovación
B6 Capacidade de xerar reflexións propias sobre problemas de natureza económica e os seus efectos sociais e éticos
B7 Fomentar o espírito investigador, desenvolvendo a capacidade para analizar problemas novos cos instrumentos adquiridos
C1 Comprender as ferramentas matemáticas básicas, necesarias para a formalización do comportamento económico
C2 Comprender a linguaxe económica básica e o modo de pensar dos economistas
C4 Capacidade para situar a economía na súa evolución histórica
C5 Comprender as bases de funcionamento da economía, tanto nos ámbitos máis amplos como nos máis próximos
C6 Adquirir coñecementos de Análise económica
D1 Respecto aos valores éticos e cívicos. Compromiso ético co traballo
D2 Capacidade de traballar en equipo
D3 Espírito emprendedor e capacidade de liderado, incluíndo empatía co resto de persoas
D4 Responsabilidade e capacidade de asumir compromisos
D5 Habilidades para argumentar de forma coherente e intelixible, tanto orais como escritas
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000