Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Econometría I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Entrevistas que o alumno mantén co profesor para asesoramento e desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Resolución de problemas de forma autónoma Permite ao alumnado implementar de forma efectiva os coñecementos teóricos adquiridos a partir das sesións maxistrais a través da realización de actividades tales como exercicios e
problemas. Os obxectivos desta técnica son: alcanzar unha maior competencia no manexo dos
contidos apresos así como ilustrar as súas potenciais aplicacións.
Prácticas en aulas informáticas Nestas sesións de laboratorio informático aplicaranse os coñecementos adquiridos nas
clases teóricas e prácticas para realizar supostos prácticos coa axuda dun paquete informático econométrico. Os alumnos traballarán de forma autónoma, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión do profesor.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, complementada co uso de medios audiovisuais, así como a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudante, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000