Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Control tipo test relativo a contidos teóricos e prácticos 20 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B6
B7
C2
C5
C6
C7
C10
D1
D2
D4
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 1 a 3. 40 A1
A2
A3
C2
C5
C6
C7
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 4 a 7. 40 A1
A2
A3
C2
C5
C6
C7
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante poderá elixir entre ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou alternativamente optar
por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado pode renunciar a ser cualificado
por avaliación continua se así o comunica antes da data da primeira proba parcial sinalada abaixo. A elección da AG supón a renuncia ao dereito
de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento
en calquera das probas que xa se realizaron. 

Avaliación continua 

Neste caso o alumnado será avaliado mediante as seguintes probas e ponderacións: 

  • o 20% cun control dos primeiros temas. 
  • o 40% coa realización dunha proba parcial a mediados do cuadrimestre sobre os contidos teóricos e prácticos dos temas 1 a 3. 
  • o 40% coa realización dunha proba parcial a finais de cuadrimestre sobre os contidos teóricos e prácticos dos temas 4 a 7 (se o
    intervalo entre a data oficial do exame final e a finalización das clases é inferior a 15 días, esta proba celebrarase
    na data oficial). 

Para aprobar a materia a cualificación final ten que ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible
obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Se non se alcanza
esa puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte correspondente no exame que se celebrará
na data oficial recollida na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es), ben na primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria), ben na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria). Se tampouco se alcanza esa puntuación
nese exame (ou non se presenta), a nota final máxima da materia será de 4 puntos. 

Para o alumnado que teña que recuperar as dúas probas parciais é imprescindible que en cada unha das dúas partes da
avaliación global (parte 1, temas 1 a 3; parte 2, temas 4 a 7) obteña unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre
10), e que a cualificación global calculada de acordo ás porcentaxes sinaladas anteriormente sexa igual ou maior que 5
puntos sobre 10. Se non se cumpre a condición anterior (ou non se presenta ao exame), a nota máxima da materia será
de 4 puntos. Considerarase que o alumnado se terá presentado á avaliación continua cando non renunciase á devandita avaliación
antes da data indicada arriba. 

Para acollerse ao sistema de avaliación continua, o alumnado ten que asistir a un mínimo do 80% das clases prácticas.

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". 

Exame global en convocatorias ordinaria, extraordinaria e fin de carreira 

O alumnado será avaliado mediante un exame que se celebrará na data oficial recollida na páxina web da
facultade e supoñerá o 100% da nota. O exame constará de 2 partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 3 e a
segunda aos temas 4 a 7), cada unha das cales supoñerá o 50% da cualificación final. Para aprobar a materia é
necesario que a media das cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais
imprescindible que en cada unha das dúas partes se obtéña unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Se non
se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4 puntos. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación
e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde
2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) 

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as
datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000