O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema deavaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba deAvaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elecciónde AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividadesde AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera dasprobas que xa se realizaran. 1. Avaliación ContinuaAC. En caso de NON renunciar á avaliación continua: a. A avaliacióncontinua é presencial. Constará das seguintes partes: • O 40% da nota será da partepráctica (o 75% desta nota serán os exercicios nas sesións prácticas e 25%restante un traballo en equipo). Para superar esta parte será necesario terrealizadas e entregadas todalas prácticas así como o traballo en equipo, naforma e prazos establecidos (as prácticas/traballo non entregadas puntuaránse cun cero). En caso de non superarse farase un exame práctico na convocatoria oficial. • O 60% restante será a nota deteoría. Realizaranse dúas probas de avaliación continua (que supón cada unha o30% da nota final), unha a metade de cuadrimestre e outra ao final. Esta últimasó se é posible por datas; se non é así, realizarase na data da convocatoriaoficial establecida no calendario de exames, de forma que os/as estudantes quesuperen a primeira proba só terán que examinarse na convocatoria oficial daparte restante, os que non a superaron examinaranse de toda a materia no exameda convocatoria oficial. b. A nota de teoría será a media das dúas probas realizadas,sempre que se obtivese unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada proba, en casocontrario a nota será suspenso e as partes aprobadas gardaranse ata aconvocatoria extraordinaria. A nota final da materia é a resultante da media ponderada danota práctica e da teórica (requírese unha nota mínima de 4,5 sobre 10 en cadaparte). Quen non se presente ao exame teórico ou non alcance a nota mínima de4,5 na devandita parte figurará coa nota de suspenso. c. Para ser avaliado por AC requírese a asistencia activa ao 75% das clasesprácticas (9 sesións). d. Considerarase que o alumnado presentouse áavaliación continua cando se presentou a algunha de próbalas/actividades deavaliación desta modalidade. Se considerará que o alumnado renuncia a avaliación continua cando falte a mais de 3 sesións prácticas ou se o solicita por correo á profesora e. As probas e partes prácticas aprobadas gardaranse ata asegunda oportunidade (convocatoria extraordinaria). 2. Avaliación Global:alumnos que renuncian a EC, tantoen primeira como segunda oportunidade a.O 60% da nota será a nota da parte teórica, dividida en dúasprobas, (polo tanto, cada unha é un 30% da nota final de teoría), necesítase un mínimo de4 (sobre10) en cada parte para facer media, se non se alcanza a nota de teoría será de suspenso. O 40% restante da nota será a puntuación da parte práctica da proba global. As probas de EG non teñen por que ser igualis as de EC. b. É necesario ter polo menos un 4,5 en cada parte (teoría epráctica) para calcular a media ponderada e superar a materia. Fin de Carrera, o100% da nota será un exame (60% teoría e 40% práctica). Para calcular a media ponderada será precisoter polo menos un 4,5 en cada unha das partes. Os estudantes que non participen na EC nin na EG, figurarán nas actas como "non presentados". Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso demedios ilícitos), do Regulamento sobre aAvaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado. (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segundaoportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliaciónaprobado pola Xunta de Facultade. En caso de conflito oudisparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, https://fccee.uvigo.es. |