Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Dirección de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Estudo, debate e participación na resolución de supostos, reais ou ficticios, de formulacións estratéxicas por parte de empresas e outras institucións. Realización e presentación de traballos propostos por o profesor. 40
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas individuais escritas de avaliación sobre os contidos teóricos
e prácticos da materia
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Información detallada sobre o procedemento de avaliación estará dispoñible dende o comenzo do curso nun cartafol especifico de "documentos e enlaces" da plataforma de Teledocencia (FAITIC), e se informará disto o alumnado o primeiro día de clase.


Independentemente do tipo de avaliación, é necesario ter polo menos un 5 en cada parte (teórica e práctica) para superar a materia.

Na materia ofrécense dous tipos de avalliación:

Alumnos/as que optan por avaliación continua (é presencial e require asistencia ao 80% das clases prácticas):

O 40% da nota será da parte práctica (60% exercicios nas sesións prácticas e 40% traballo en equipo). Para superar esta parte será necesario ter realizadas e entregadas todas practicas, así como o traballo en equipo, na forma e prazos establecidos. En caso de non superarse se fará un exame práctico.

O 60% restante será a nota do exame teórico. Se realizará un exame parcial e un exame final na data oficial establecida no calendario de exames. O alumnado que supere o exame parcial só terá que examinarse no exame final da parte restante, os que non o superen examinaranse de toda a materia no exame final. A nota do exame será a media das dúas partes sempre que se acade unha nota mínima de 5 (sobre 10) en cada exame, en caso contrario a nota sera suspenso e as partes aprobadas gardaranse até a convocatoria extraordinaria.

A nota final da materia é a resultante da media ponderada de nota practica (avaliación continua) e do exame teórico. Quen non se presente a exame teórico ou non alcance a nota mínima de 5 en devandito exame, figurará coa nota de avaliación continua (un máximo de 4).

Avaliación no continua.  Alumnos/as que non superan un 80% de asistencia a clases practicas:

O 60% da nota
será a nota do exame teórico.

O 40% da nota será a puntuación da parte práctica, desglosado como sigue: 20% nota de exame práctico, 10% entrega (na datado exame) do traballo proposto, 10% entrega (na data do exame) das practicas do curso.

Estes alumnos non terán dereito a parciais.

E necesario ter un 5 en cada parte para aprobar.



Convocatoria fin de carreira: o 100% da nota será un examen (60%teoría e 40% práctica). Para aprobar será preciso acadar un 5 en cada unha das partes.

Datas oficiais dos exámes:

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000