Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase un control con preguntas curtas e tipo test relativas a contidos teóricos e prácticos dos primeiros temas do curso (1 a 5). 20 C2
C5
C6
C7
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 1 a 8. 40 C2
C5
C6
C7
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 9 a 16. 40 C2
C5
C6
C7
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG se así o comunica por mail antes do 30 de novembro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

1. Avaliación continua (AC). Neste caso a cualificación obterase do seguinte modo:

  • 20% cun control dos primeiros 5 temas.
  • 40% cunha proba parcial dos temas 1 a 8.
  • 40% cunha proba parcial dos temas 9 a 16.

Para aprobar a materia a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte correspondente na proba de avaliación global que se celebrará na data especificada no calendario oficial de probas aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24 e recollida na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es), ben na primeira oportunidade (xaneiro) ou na correspondente á segunda oportunidade (xullo). Se de novo tampouco se alcanza esa puntuación mínima (ou non se presenta), a nota final máxima da materia será de 4 puntos.

Para o alumnado que teña que recuperar as dúas probas parciais é imprescindible para aprobar obter en cada unha das dúas partes da proba de avaliación global (parte 1: temas 1 a 8; parte 2: temas 9 a 16) unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10) e que a cualificación final calculada segundo as porcentaxes sinaladas anteriormente sexa maior ou igual a 5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior (ou non se presenta ao exame), a nota máxima da materia será de 4 puntos.

O alumnado que non se presente a ningún dos parciais, nin á súa recuperación nas probas de avaliación global, será cualificado como Non Presentado (aínda que realizase o control dos 5 primeiros temas).

2. Avaliación Global: A proba de AG celebrarase na data oficial recollida na páxina web da facultade e suporá o 100% da nota. A proba constará de dúas partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 8 e a segunda aos temas 9 a 16), cada unha das cales suporá o 50% da cualificación final. Para aprobar a materia, é necesario que a media das cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas partes unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4 puntos.

Convocatoria de fin de carreira: O exame de fin de carreira suporá o 100% da nota.

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/

As datas e horas das probas de AC estarán dispoñibles na plataforma docente da materia, https://moovi.uvigo.gal

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "Non presentados".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000