Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Algunhas das clases prácticas consistirán na resolución de follas de exercicios que se proporcionarán aos alumnos con antelación. A entrega dalgúns exercicios e a realización doutros na aula formará parte da avaliación continua. 10 C10
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Nalgunhas das clases prácticas resolveranse probas con preguntas curtas ou tipo test (relativas a contidos teóricos e prácticos) e pequenos problemas que formarán parte da avaliación continua da materia. 30 C2
C5
C6
C7
C10
Exame de preguntas obxectivas Os exames parciais suporán o 60% da cualificación final e consistirán en preguntas curtas ou tipo test (relativas a contidos teóricos e prácticos) e problemas. 60 C2
C5
C6
C7
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante poderá optar entre
avaliación continua ou exame global da materia. Serán avaliados a través dun
exame global (1) os estudantes que non se presenten a ningunha proba de
avaliación continua e (2) os estudantes que renuncien á avaliación
continua antes do 1 de novembro

Avaliación continua

  • Un 10% da cualificación obterase coa entrega de exercicios
    ou cuestións, algúns deles realizados nas clases prácticas.
  • Un 30% obterase con dous controis que se farán ao longo do
    curso.
  • O 60% restante corresponderase cun exame global con dous
    partes: parte 1 (temas 1 a 8); parte 2 (temas 9 a 16). Cada parte valerá 5
    puntos. Para poder aprobar a materia será imprescindible obter polo menos 2
    dos 5 puntos de cada parte. Si non se cumpre a condición anterior, a nota final
    máxima da materia será de 4,5 puntos.

Durante o curso realizarase un exame parcial dos primeiros 8 temas da materia. Si supérase o
exame parcial (obtendo unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10) só
será necesario examinarse no exame global de xaneiro da parte
correspondente aos temas 9 a 16. Noutro caso haberá que examinarse de
toda a materia. A nota do parcial non se garda
para a convocatoria de xullo, nesa convocatoria haberá que examinarse de todos os temas do programa.

A nota final do que non se presente ao exame será a nota obtida coas restantes probas de
avaliación continua.

Exame global

O exame constará de 2
partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 8 e a segunda aos temas 9 a 16),
cada unha das cales se valorará sobre 5. Para poder aprobar a
materia haberá que obter 5 ou máis dos 10 puntos totais e, ademais,
obter como mínimo 2 dos 5 puntos en cada unha das partes. Si non se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4,5
puntos.

Exame de fin de carreira

O exame de fin de carreira suporá o
100% da nota.

As datas dos exames poden ser consultadas na páxina web da
Facultade. http://fccee.uvigo.es<>

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000