Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas en aulas informáticas Nas aulas de informática, realizaránse fundamentalmente tarefas ben definidas de análise e interpretación de datos sobre aspectos relacionados co temario. O obxectivo é aprender o tratamento de información e elaboración de informes. Para elo, establecense tres tipos de actividades ben diferenciadas: 1) Na primeira parte o alumnado utilizara farramentas informáticas para baixar información de bases de datos e tratar a información mediante cálculos, graficos etc 2) Na segunda parte de cada sesión o estudantado respostará cuestionarios de preguntas relativas ao temario da materia utilizando as bases de datos; 3) Na terceira parte elaborará un informe en base a preguntas establecidas.
Traballo tutelado O traballo realizarasé en aulas de informática unha vez o alumnado se familiarizou nas primeiras sesións con bases de datos, interpretación de información e elaboración de informes. Cada estudante elaborará un informe sobre un aspecto do contido do temario. O informe estará baseado en estatísticas procedente de bases de datos e interpretación da información utilizando farramentas informáticas.
Lección maxistral Expoñeránse de maneira resumida os contidos máis sustanciais de cada tema. Desta forma, o alumno irá compoñendo un primer esquema de rasgos básicos da economía española, e, simultáneamente, familiarizaráse co uso de esquemas interpretativos e con fontes de información estatística, que posteriormente terá que seguir exercitando autónomamente, usando a bibliografía e o material recomendado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000