Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Estatística: Estatística I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Nestas sesións os/as alumnos/as resolverán de forma individual varios exercicios, cuxa solución se presentará por escrito e será recollida pola profesora para a súa corrección e cualificación. 15 A2
A3
B2
B7
C1
C6
C10
C12
C13
D5
Prácticas en aulas informáticas Utilizando o programa estatístico SPSS os alumnos e alumnas realizarán os exercicios propostos, xerando un ficheiro de resultados que se deixará na plataforma Tema para a súa corrección e cualificación. 10 A3
B2
B7
C6
C8
C12
C13
D5
D7
Seminario Nestas sesións as/os alumnas/os resolverán cuestionarios tipo test utilizando a ferramenta de Cuestionarios da plataforma Tema. 10 A2
C1
C6
C10
C12
D7
Resolución de problemas de forma autónoma Valorarase o traballo do alumnado mediante a súa participación nas clases teóricas e prácticas e a utilización das ferramentas da plataforma. 5 D5
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final da materia, que constará de cuestións teóricas, exercicios e interpretación de resultados do programa estatístico utilizado nas prácticas en aula informática. 60 A2
A3
B7
C1
C6
C8
C10
C12
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A cualificación final da materia calcularase como o máximo entre E e (0.6 x E + 0.4 x P), sendo E a nota do exame final e P a nota das demais achegas (ambas as notas sobre 10).

Para superar a materia, o alumnado debe obter unha cualificación maior ou igual que 5 (sobre 10) na nota final, debendo alcanzar polo menos 3.5 puntos (sobre 10) no exame final. Si a nota do exame final é inferior a 3.5 puntos (sobre 10), a cualificación final da materia será o mínimo entre 4.5 e (0.6 x E + 0.4 x P).

O criterio de avaliación será o mesmo en todas as convocatorias.

As datas dos exames poderanse consultar na web da Facultade: http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000