Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Estatística: Estatística I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Resolveranse exercicios similares aos dos boletíns de problemas dos temas correspondentes a cada sesión. Os/as alumnos/as deberán entregar a solución dos exercicios propostos pola profesora para a súa corrección e cualificación.
Prácticas en aulas informáticas Nestas sesións utilizaremos o programa estatístico SPSS, aplicando as técnicas introducidas nas clases teóricas a distintos conxuntos de datos. O alumnado deberá resolver, utilizando o programa SPSS, os exercicios propostos pola profesora. O ficheiro de resultados xerado deixarase na plataforma Tema para a súa corrección e cualificación.
Seminario As/os alumnas/os poderán expor todas as cuestións ou dúbidas que teñan sobre os temas correspondentes, tanto a nivel teórico como práctico. Ademais, resolverán cuestionarios tipo test con preguntas teóricas e prácticas dos temas indicados, co obxecto de valorar o nivel de comprensión alcanzado. Para iso utilizarase a ferramenta de cuestionarios da plataforma Tema, que xerará unha cualificación que tamén formará parte da nota final.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado deberá resolver pola súa conta todos os exercicios do boletín de problemas e realizar os cuestionarios de autoevaluación dispoñibles na plataforma Tema.
Estudo previo Preparación do exame final
Foros de discusión O alumnado poderá expor cuestións ou dúbidas sobre contidos teóricos ou prácticos utilizando os foros dispoñibles na plataforma Tema
Lección maxistral Nas clases de teoría presentaranse e desenvolverán os contidos de cada tema, acompañados dos exemplos necesarios para facilitar a asimilación dos conceptos básicos e a aplicación dos métodos estatísticos introducidos.

Con anterioridade ao comezo de cada tema, proporcionarase, a través da plataforma Tema, un boletín de problemas, dos cales a profesora resolverá en clase algúns exercicios tipo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000