Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Estatística: Estatística I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios As sesións prácticas de resolución de exercicios constarán de dous partes. Nunha das partes a profesora realizará algúns exercicios dos temas correspondentes. Na outra parte os alumnos resolverán de forma individual varios exercicios, cuxa solución presentarase por escrito e será recollida pola profesora para a súa corrección e cualificación. As solucións dos exercicios realizados nestas sesións poñeranse a disposición dos alumnos na plataforma Tema.
Prácticas de laboratorio Para levar a cabo as sesións prácticas no aula informática utilizarase o programa estatístico SPSS. Cada clase dividirase en dous partes. A primeira consistirá nunha práctica guiada pola profesora na que se explicará como aplicar as técnicas estatísticas introducidas nas clases teóricas, e outras análogas das que dispoña o programa, a distintos conxuntos de datos. Para seguila entregarase aos alumnos un guión con todas as cuestións a resolver e procedementos detallados. Na segunda parte cada alumno deberá resolver, utilizando o programa SPSS, os exercicios propostos pola profesora. O ficheiro de resultados xerado, que deberá incluír as correspondentes interpretacións, deixarase na plataforma Tema para o seu posterior corrección e cualificación.
Titoría en grupo Estas sesións terán dous partes. Na primeira parte os alumnos poderán suscitar todas as cuestións ou dúbidas que teñan sobre a materia, tanto a nivel teórico como práctico. Na segunda parte os alumnos resolverán cuestionarios tipo test con preguntas teóricas e prácticas dos temas indicados, co obxecto de valorar o nivel de comprensión alcanzado. Para iso utilizarase a ferramenta de cuestionarios da plataforma Tema, que xerará unha cualificación que tamén formará parte da nota final.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os alumnos deberán resolver pola súa conta todos os exercicios do boletín de problemas. A solución aos problemas non comentados en clase, poderase presentar, solicitar e discutir a través dos Foros de Exercicios incluídos no espazo virtual da materia na plataforma Tema.
Outros Tutorización virtual.

Na plataforma Tema incluirase, ademais do Foro de Exercicios xa comentado antes, un Foro de Dúbidas para que os alumnos poidan consultar cuestións sobre contidos teóricos e prácticos, dispoñendo así dun procedemento de tutorización virtual.
Sesión maxistral Nas clases de teoría presentaranse e desenvolveranse os contidos de cada tema, acompañados dos exemplos necesarios para facilitar a asimilación dos conceptos básicos e a aplicación dos métodos estatísticos introducidos.
Con anterioridade ao comezo de cada tema, proporcionarase os alumnos, a través da plataforma Tema, un boletín de problemas, dos cales a profesora resolverá en clase algúns exercicios tipo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000