Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Empresa: Economía da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Correspóndese coa parte práctica do exame final. 35 C7
C12
D5
Práctica de laboratorio Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor, aplicando os coñecementos que adquiriu. Correspóndese coas prácticas que debe realizar o alumno integrado nun grupo de traballo e de xeito presencial. A avaliación realizaráse de xeito individual durante as prácticas de laboratorio o durante as clases de teoría. 30 C7
C12
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. Correspóndese coa parte teórica do exame final. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nas CONVOCATORIAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA o alumnado pode ser avaliado a través de dúas vías: avaliación continua e avaliación non continua. En cumprimento dos Estatutos da Universidade de Vigo, o sistema principal de avaliación será a avaliación continua. O alumnado que queira ser avaliado a través de avaliación non continua (exame final sobre 10 puntos) debe renunciar expresamente á avaliación continua no primeiro mes do cuadrimestre a través da plataforma FAITIC. Informaráse do procedemento a seguir nesta plataforma.

a) Avaliación continua.

- Exame final (70% da nota final, 7 puntos). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre, que constará dunha parte teórica y unha parte práctica. Para superar o examen será necesario obter unha nota igual ou superior a 3,5 puntos e, como mínimo, o 40% da nota asignada a cada parte.

- Probas intermedias realizadas individualmente de xeito presencial durante as clases prácticas e/ou teóricas (30% da nota final, 3 puntos). Informaráse a través de FAITIC do lugar e horario de realización de ditas probas.

Para superar a materia, é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia.

No caso de superar o exame final, a nota final da materia resulta da suma da nota acadada no exame y da nota das probas intermedias realizadas.

No caso de non superar o exame final, a nota final da materia será a resultante das probas intermedias realizadas.

Antes da revisión do exame final, procederáse á súa corrección pública, na que se explicarán os criterios de puntuación. No caso de que non poida ser realizada a corrección pública, facilitaráse unha copia resolta do exame para ser consultada durante a revisión. 

b) Avaliación non continua.

- Exame final (100% da nota final, 10 puntos). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre, que constará dunha parte teórica y unha parte práctica. Para superar o examen será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 puntos e, como mínimo, o 40% da nota asignada a cada parte.

A CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA consistirá nun único exame (100% da nota final, 10 puntos) que constará dunha parte teórica y unha parte práctica. Para superar o examen será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 puntos e, como mínimo, o 40% da nota asignada a cada parte.

As datas dos exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000