Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Economía mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Presentación oral individual dos Informes requiridos.
Cada un dos Informes consistirá nun texto escrito de extensión limitada e unha Base de Datos que recollerá os valores das variábeis, os cálculos dos indicadores seleccionados e a súa representación gráfica.
24 C4
C5
C8
C13
D5
D7
Prácticas con apoio das TIC Presentación escrita de Informe en relación ás preguntas propostas nas sesións prácticas. Avaliación incluída nas actividades dos seminarios 0 C3
C4
C5
C8
C13
D5
Foros de discusión Defensa de unha posición específica en relación a tema proposto, mediante traballo en grupo. Argumentación para fortalecer a posición. Preguntas para debilitar a posición contraria, a do outro grupo.. 6 D5
D7
Lección maxistral Producirase unha dobre avaliación, como parte da avaliación continua. Por unha parte a participación do estudantado (avaliada mediante preguntas e comentarios orais formulados; resumos críticos das lecturas recomendadas) nas sesións maxistrais (6%).
En segundo lugar, realizaranse dúas probas parciais non liberatorias. Serán probas tipo test presenciais realizadas durante unha sesión teórica (24%)
30 C3
C4
C5
D5
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de proba escrita. Conterá algunha ou varias das seguintes opcións :

- Enunciados que o alumno/a determinará se son verdadeiros ou falsos

-Enumeración de características, diferenzas e/ou similitudes de procesos económicos

- Interpretación económica de datos, gráficas ou textos. Este tipo de pregunta vincúlase co contido das prácticas
40 C3
C4
C5
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
avaliación continua consta de todas as probas sinaladas no texto que
antecede. Para superar a materia será necesario obter 5 ou máis
puntos. Pódense alcanzar eses 5 puntos sen a realización do exame de preguntas
de desenvolvemento. 

No
caso de ser necesario o exame de preguntas de desenvolvemento para superar a
materia, esíxese unha puntuación mínima de 3 puntos (sobre 10) nesa
proba.

En
segunda convocatoria o alumnado manterá as puntuacións obtidas nas probas
sinaladas no texto que antecede.

Alternativamente
ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado
mediante a avaliación global. Esta realizarase mediante o exame de preguntas de
desenvolvemento. Así mesmo, para a convocatoria de fin de carreira o 
estudantado poderá optar a ser avaliado mediante a avaliación global
mediante o exame de preguntas de desenvolvemento. 

Para
optar á avaliación global mediante exame de preguntas de desenvolvemento o
alumnado deberá comunicalo ao profesor mediante e-mail antes do primeiro
venres  do segundo mes de docencia.

Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

As
titorías serán solicitadas mediante o email (xsimon@uvigo.gal). Na plataforma
de tele ensino estará dispoñible os horarios semanais nos que se desenvolverá
esta actividade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000