Guia docente 2014_15
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Economía mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Presentación de traballos e informes sobre aspectos particulares da materia. 20
Prácticas de laboratorio Realización da análise económica proposta a partir dos exercicios propostos. 20
Sesión maxistral A participación nas sesións maxistrais será parte da avaliación final.
Esa participación instrumentarizarase mediante:
-Preguntas e comentarios orais durante a propia clase.
-Resumos críticos das lecturas obrigatorias e voluntarias
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización de proba escrita. Consistirá en:

- Enunciados que o alumno determinará se son verdadeiros ou falsos

-Enumeración de características, diferenzas e/ou similitudes de procesos económicos

- Interpretación económica de datos, gráficas ou textos.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existe a posibilidade de realizar unha proba de resposta longa na metade do cuadrimestre. Será voluntario e liberará a materia para o exame final.

En segunda convocatoria o alumno manterá a nota das sesións Maxistrais e dos Seminarios. Os alumnos terán a psoibilidade de mellorar os resultados dos exercicios das Prácticas de Laboratorio. Realizará unha Proba de Resposta Longa similar á da primeira convocatoria.

Para superar a materia será necesario obter 5 ou máis puntos, como suma das puntuacións obtidas en cada unha das probas. En calquera caso esíxese unha puntuación mínima de 3 puntos (sobre 10) na proba denominada "Probas de resposta longa, de desenvolvemento".

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000