Guia docente 2022_23
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Economía mundial
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral O profesor ofrecerá os elementos guía que axudarán ao estudantado a encamiñar o seu traballo nos diferentes elementos que conforman a materia.
Seminario Ao tratarse de grupos reducidos e ao estar centrados en aspectos específicos, o estudantado terá o protagonismo central na construción dos discursos interpretativos dos fenómenos económicos, sociais e ambientais que conforman a materia.
Prácticas con apoio das TIC Estas prácticas desenvólvense nas semanas iniciais para que o estudantado se adestre no manexo de algúns indicadores económicos, sociais e ambientais: buscando os datos nos servidores estatísticos, realizando cálculos, graficando os resultados, etc. O alumnado debe aprender a formular argumentación escrita arredor de unha pregunta coñecida. Usará os seus coñecementos previos, ampliará o seu espectro conceptual, atenderá á información conxuntural, entenderá a información cuantitativa previamente xerada...todo elo para formular uns informes específicos.
Foros de discusión Servirá para calibrar as posibilidades de ser parte de un equipo de traballo. O profesor poderá guiar o proceso de estruturación do grupo. Pero este debe ser autónomo no seu funcionamneto.
Aprendizaxe colaborativa Servirá para calibrar as posibilidades de ser parte de un equipo de traballo. O profesor poderá guiar o proceso de estruturación do grupo. Pero este debe ser autónomo no seu funcionamneto
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000