Guia docente 2014_15
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. Xunto co resto de elementos da avaliación continua, mínimo un 40
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver de forma autónoma o análise e resolución dos problemas e/ou exercicios. Junto con el resto de elementos de la evaluación continua, mínimo un 40
Probas de resposta curta Exames con preguntas breves sobre a materia. Junto con el resto de elementos de la evaluación continua, mínimo un 40
Outras Exame final con preguntas breves tipo test, preguntas de desenvolvemento e exercicios. De acordo co calendario aprobado na Facultade, o exame final terá lugar o día 14 de xaneiro de 2015, ás 10 horas. O exame extraordinario será o 7 de xullo de 2015 ás 9 horas. Máximo 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final do curso será a suma da nota obtida polo traballo e probas realizadas durante o curso (avaliación continua) cunha ponderación mínima do 40% sobre o total, e da nota obtida no exame final, cunha ponderación máxima do 60% do total. No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota obtida polo traballo ao longo do curso manterase para a convocatoria de xullo.

Os puntos da avaliación continua obteranse por:

- probas realizadas ao longo do curso

- exercicios e/ou traballos propostos previamente e realizados fora das horas de clase

- asistencia ás clases e participación nas mesmas

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000