Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Os seminarios específicos sobre as economías durante a guerra e as consecuencias económicas das mesmas teñen igualmente un carácter eminentemente práctico.
Abarcan procura de materiais, lecturas de artigos, capítulos de libros, preparación dunha síntese e dun powerpoint para as presentacións en clase, respostas ás preguntas dos restantes compañeiros/as e do profesor unha vez feitas as exposicións
25 A3
A4
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
D1
D2
D4
D5
D7
Seminario Os seminarios teñen un carácter práctico.
Abarcan lecturas de artigos, capítulos de libros, preparación de síntese e, no seu caso dalgún powerpoint para as presentacións en clase, respostas a cuestionarios e realización de exercicios de interpretación estatísticas económicas (series históricas, cadros, gráficos).
Preséntanse sempre na plataforma docente, con antelación, definindo os seus obxectivos, as cuestións concretas a abordar, e os materiais cos que traballar ou que han de ser buscados polos alumnos e alumnas. Tamén serán presentados en clases, polo profesor, cunha semana de antelación.
As prácticas dos seminarios sóbense, resoltas, á plataforma docente o día antes de ser vistas en clase. Tras velas e discutilas en clase, faranse as correccións que estimen oportunas. E así corrixidas sóbense ao Libro de Prácticas, seguindo a orde en que son vistas en clase.
A avaliación valora os exercicios e a participación en clase, por unha banda, e o Libro de Prácticas, por outro. A resultante é unha nota media.
25 A3
A4
C8
C9
D1
D4
D5
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase un exame final da materia, con varias preguntas de desenvolvemento (a metade procedentes da parte das prácticas; a outra metade da parte da teoría). O exame final ten unha parte correspondente aos exercicios/problemas prácticos realizados en clase con motivo dos seminarios. Valorarase a calidade formal das respostas e o seu contido. O exame terá, en conxunto, unha duración máxima de dúas horas. 25 C2
C3
C4
C7
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame final da materia, con varias preguntas de desenvolvemento (a metade procedentes da parte das prácticas; a outra metade da parte da teoría). As preguntas da parte teóricas tratarán os contidos das clases maxistrais O exame terá unha duración máxima de dúas horas 25 A3
A4
C2
C3
C4
C7
C8
C9
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación contida nesta guía docente está dirixida a alumnas e alumnos de ensino presencial.

2. A tutoría dos grupos que se constitúan é obrigatoria.

3. Os
seminarios de prácticas, que se estenden ao longo de todo o
curso, son de asistencia obrigatoria. Representan o 50% da nota da nota final. Valoraranse
as actividades realizadas
ao longo do curso: exposicións nas clases prácticas; a intervención nos debates;
os exercicios escritos,
que se trasladarán ao Libro de Prácticas, que se irá confeccionando ao longo
do curso e subirase á
plataforma docente.

4. A calificación obtida
no exame final suporá
o 50% da nota final.

5. Os alumnos e alumnas
que non asistan de forma regular, teñen en todo caso que facer as prácticas, a través da plataforma
docente, e presentarse ao exame final, coa parte práctica
e teórica da materia.

6. As datas e horarios
das probas de avaliación
das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario
de probas de avaliación aprobado
pola Xunta de Centro. Daranse a coñecer
tamén a través da
plataforma docente desta materia en FAITIC.

7. Avaliación de Xullo seguirá os mesmos criterios que os do exame final.

8. Para o alumnado que renuncia ao ensino presencial: o 100% da nota final obterase mediante un exame final escrito. Deberá realizarse esta renuncia durante o tres primeiras semanas do setembro

9.Datas e horarios das probas de avaliación final, atoparalas en: http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000