Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Esta lección consiste na exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, con apoio en recursos informáticos.

Aínda que estas clases teñen un carácter expositivo, non exclúen en absoluto a intervención dos alumnos. Como se verá, fomentarase nas mesmas as preguntas e algúns debates sobre as cuestións tratadas.

Dúas horas semanais.
Seminario Realizaranse, cunha duración por sesión 2 h,30', 8 seminarios (2 destes seminarios especifícanse no apartado seguinte).

Os seminarios están expostos cun carácter práctico: aprendizaxe activa a través do acceso á información -escrita ou visual-, a lectura, a escritura e o debate en clase.

Abarcan lecturas de artigos, capítulos de libros, visionado dalgún documental ou película, preparación de síntese e, no seu caso dalgún powerpoint para as presentacións en clase, respostas a cuestionarios e realización de exercicios de interpretación estatísticas económicas (series históricas, cadros, etc.).

O contido de cada seminario práctico preséntase sempre na plataforma docente, con antelación. Nesta presentación defínense os seus obxectivos, as cuestións concretas a abordar, os materiais cos que traballar ou que han de ser buscados polos alumnos e alumnas.

Tamén serán presentados en clases, polo profesor, cunha ou dúas semanas de antelación.

Plataforma docente e Libro de Prácticas: As prácticas dos seminarios sóbense, resoltas, á plataforma docente o día antes de ser vistas en clase. Tras velas e discutilas en clase, faranse polos alumnos as correccións que estimen oportunas. E así corrixidas sóbense ao Libro de Prácticas, seguindo a orde en que son vistas en clase.

Este Libro de Prácticas, que inclúe un breve diario da docencia, é obxecto de avaliación final.

Dous dos seminarios serán dedicados ás Guerras Mundiais, como se explica no apartado correspondente.
Seminario Realizásense 2 seminarios, dedicados ás dúas guerras mundiais do século XX, con titorías específicas para os grupos (2 h 30' cada seminario).

Estes dous seminarios requirirán procuras bibliográficas e doutros materiais, para estudar a economía durante as guerras e as súas consecuencias, que esixirán titorías personalizadas para os grupos que se formen para realizar os correspondentes traballos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000