Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Principios de economía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exame final con probas tipo test e/ou exercicios 80 C2
C5
C6
C10
D5
Outras Ao longo do curso realizaranse probas para cualificar a avaliación continua 20 C2
C5
C6
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final da materia constará de dous bloques. Por unha banda, o exame final valerá un 80% da nota (8 puntos) e doutra banda, a avaliación continua que pesará ata un 20% na nota final (2 puntos).

Exame final (ata 8 puntos): Haberá un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames.

Avaliación continua (ata 2 puntos): pode supor a entrega de exercicios e/ou  a nota dos controis ou probas que periodicamente se poidan realizar.

Nas convocatorias extraordinarias do curso 2016/17 manteranse os mesmos criterios de avaliación, polo que se gardará a nota de avaliación continua obtida durante o curso.

As datas e horas das probas finais correspondentes ás
convocatorias de xaneiro e xullo serán as especificadas no calendario
de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2016-2017.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000