Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Ciencia política: Ciencia política
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia E.C. 40 C3
C6
C8
Seminario Porcentaxes avaliación continua (E.C.): Asistencia, resolución de
problemas, debates 40%.
Exame 60 %.
Ponderación
Debate Argumentación do alumnado sobre contidos da materia E.C. 40 C8
Lección maxistral Asistencia ás clases E.C. 40 C3
C6
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame final consistirá nunha serie de preguntas, non máis de cinco, encamiñadas a verificar o grao de asimilación e aprendizaxe por parte do alumnado dos principais contidos da materia, e abarcando varios niveis de complexidade e profundidade (coñecemento, comprensión, aplicación, valoración...). E.C. 60 C3
C6
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación programarase en consonancia cos obxectivos e medios, e de acordo con eles. A súa realización constitúe a última fase do proceso de aprendizaxe, e debe entenderse en sentido amplo, xa que o seu obxectivo é triplo: a) comprobar o cumprimento dos obxectivos; b) orientar e motivar ao alumno; c) cualificar.

Conforme a iso, a nota final da materia calcularse sobre os resultados da avaliación continua (asistencia a clases teóricas e prácticas, titorías, realización de traballos, controis periódicos...), que suporán o 40%, máis o resultado da cualificación obtida no exame escrito de final de curso, que suporá o 60%.

O alumnado disporá dun prazo adecuado axustado á normativa vixente- para proceder á revisión ou a calquera outra aclaración relacionada cos exames efectuados así como coas cualificacións obtidas.

A  cualificación obtida na avaliación continua manterase para todas as convocatorias do curso académico.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar a ser avaliado cun exame final sobre 10 puntos que suporá o 100% da cualificación.

Na convocatoria fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000