Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Ciencia política: Ciencia política
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia Terase en conta na avaliación continua: E.C. 40 C3
C4
C5
C6
C8
D5
D7
Titoría en grupo Durante as mesmas, recompilaranse datos sobre a participación do alumno, baseados nunha listaxe de condutas ou criterios operativos que faciliten a obtención de datos cuantificables. Terase en conta na avaliación continua: E.C. 40 C8
D5
D7
Sesión maxistral Asistencia as clases Terase en conta na avaliación continua: E.C. 40 C3
C4
C5
C6
Probas de resposta longa, de desenvolvemento A avaliación programarase conxuntamente con obxectivos e medios, e de acordo con eles. A súa execución constitúe a última fase do proceso de aprendizaxe e debe entenderse en sentido amplo, xa que o seu obxectivo é triplo: a) comprobar o cumprimento dos obxectivos; b) orientar e motivar ao alumno; c) cualificar. Neste sentido é conveniente distinguir entre avaliación formativa e sumativa. Conforme a iso, a nota final da materia calcularase sobre os resultados da avaliación continua (asistencia ás clases teóricas, prácticas e seminarios, presentación de traballos, controis periódicos), que supón o 40%, máis o resultado da cualificación obtida no exame escrito de final de curso, que supón o restante 60%.
O exame final consistirá nunha serie de preguntas, non máis de cinco, encamiñadas a verificar o grao de asimilación e aprendizaxe por parte dos alumnos dos principais contidos da materia, e abarcando varios niveis de complexidade e profundidade (coñecemento, comprensión, aplicación, valoración...).
Os alumnos disporán dun prazo adecuado –axustado á normativa vixente- para proceder á revisión ou a calquera outra aclaración relacionada cos exames efectuados así como coas cualificacións obtidas.
60 C3
C4
C5
C6
C8
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación programarase en consonancia cos obxectivos e medios, e de acordo con eles. A súa realización constitúe a última fase do proceso de aprendizaxe, e debe entenderse en sentido amplo, xa que o seu obxectivo é triplo: a) comprobar o cumprimento dos obxectivos; b) orientar e motivar ao alumno; c) cualificar.


Conforme a iso, a nota final da materia calcularase sobre os resultados da avaliación continua (asistencia a clases teóricas e prácticas, titorías, realización de traballos, controis periódicos...), que suporán o 40%, máis o resultado da cualificación obtida no exame escrito de final de curso, que suporá o 60%. Os alumnos disporán dun prazo adecuado –axustado á normativa vixente- para proceder á revisión ou a calquera outra aclaración relacionada cos exames efectuados así como coas cualificacións obtidas.

Os alumnos que, por causas debidamente xustificadas e comunicadas con antelación, non poidan acollerse á modalidade de avaliación continua, serán avaliados soamente por medio dun exame final: a cualificación obterase na súa totalidade do exame final.

A cualificación obtida na avaliación continua manterase para todas as convocatorias do curso académico.

As datas de exames deberán ser consultadas na Páxina web da Facultade:

http://fccee.uvigo.es/calendario‐exames‐201415.html
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000