Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Ciencia política: Ciencia política
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Estas sesións servirán para que o alumno poida transitar da teoría á práctica, aplicando ao caso proposto (o sistema político dun país, o seu modelo económico, unha institución, feito ou proceso político de impacto económico) a doutrina e coñecemento teórico adquirido. Tamén servirá para profundar en cuestións consideradas relevantes, ben sexa respecto de contidos que figuran no programa ou ben de acontecementos sobrevindos de natureza politolóxica.
Como métodos complementarios de aprendizaxe utilizaranse alternativamente diferentes técnicas didácticas como o debate dirixido (ou intercambio de ideas sobre un tema susceptible de diversas interpretacións, previamente preparado), o foro (ou discusión de todo o grupo), o role-playing (onde cada alumno ou grupo ha de asumir un papel, pensando e actuando de acordo con el), estudo de casos, o Phillips , etc.
Fomentarase a participación activa dos alumnos en todas as sesións presenciais, e considerarase un mérito de para a cualificación final.
Seminario Nas sesións de titorías en grupo realizaranse diversas actividades (consultas relacionadas con temáticas de especial complexidade, avaliación e debate ao redor da metodoloxía utilizada ou ao desenvolvemento xeral da actividade docente, ...), e das que se informará previamente ao alumnado.
Debate Argumentación do alumnado sobre contidos da materia.
Lección maxistral Nas clases teóricas semanais (de dúas horas de duración) exporanse de maneira resumida os principais contidos dos distintos temas do programa. Para un adecuado seguimento destas clases é necesario que os alumnos preparen con antelación, e de maneira individual, os distintos temas, utilizando para iso a bibliografía recomendada e os recursos didácticos que se indiquen.
En consonancia cos principios pedagóxicos xenerais da aprendizaxe e coa metodoloxía docente utilizada tradicionalmente por esta área de coñecemento, e tendo en conta os obxectivos apuntados, as clases teóricas terán sempre como referencia fundamental a doutrina e postulados vixentes, reflectindo ao mesmo tempo a achega persoal. A impartición da materia farase desde unha perspectiva científico-política, realista e normativa á vez.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000