Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Mercadotecnia responsable
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia, bases teóricas e/o directrices dun traballo.
Debate O profesor fomentará a participación de alumno, xerando temas de debate durante as clases, e motivando que o alumnado aprenda de forma activa e participativa
Estudo de casos Os estudantes analizarán estudos de caso reais, identificarán problemas, propoñerán solucións e expoñerán as súas propostas, desenvolvendo habilidades de resolución de problemas no contexto do márketing e consumo responsable. Os estudos de caso forman parte da avaliación continua da materia.
Foros de discusión Organizarase un foro de discusión na plataforma virtual onde se abordarán diversos temas e contidos relacionados coa materia. Estes temas serán propostos polo profesor e proporcionarán oportunidades para a discusión, o intercambio de ideas e a análise en profundidade. As actividades do foro de discusión son obxecto da avaliación continua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000