Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Mercadotecnia responsable
   Contidos
Tema Subtema
Marketing no novo contexto ecolóxico e social. Macromarketing e mega-tendencias: Os retos ecolóxicos, sociais, e tecnolóxicos que se aveciñan. Marketing en crise ou crise no márketing? Críticas fundamentais desde a perspectiva da responsabilidade. Definición de márketing responsable nun mundo cambiante.
Ética, desenvolvemento sostible, e filosofía da RSE.
Ética e economía. Ética na toma de decisións. Concepto de desenvolvemento sostible e a Axenda 2030. As relacións entre os axentes implicados. Críticas e alternativas ao desenvolvemento. Responsabilidade: definición e implicacións.
Consumo responsable e os novos consumidores. O consumo e a expresión de valores.Conduta do consumidor. Consumo como ferramenta política e transformadora. O consumidor ecolóxico. Xénero, diversidade, e márketing. Benestar animal.
Sustentabilidade, ética e o márketing mix. Sustentabilidade, ética e produto. Sustentabilidade, ética e prezo. Sustentabilidade, ética e promoción. Sustentabilidade, ética e distribución. Limitacións: máis aló do márketing mix.
Estratexias no márketing responsable: Sustentabilidade e cambio transformador. Converter os problemas sociais e ecolóxicos en proposicións de márketing para a organización (perspectiva outside-in). Transformar a organización desde dentro (perspectiva inside). Converter á organización en actor de cambio socio-ecolóxico (perspectiva inside-out).
Aplicacións do márketing responsable e sostible. Obsolecencia programada e o dereito para reparar. Comercio Xusto e modelos globais. Marketing social, organizacións sen ánimo de lucro, e economía social.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000