Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito penal de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma A avaliación continuada, esixe, por unha banda unha asistencia de polo menos o 80% das clases e un mínimo de 80% das actividades avaliables ( 7 tests e 3 casos prácticos), que se desenvolverán ao longo do curso. Os casos obxecto da
avaliación continuada realizaranse e entregaranse necesariamente nas datas establecidas no seu momento no cronograma da materia a traves da Plataforma Faitic. A metodoloxía que deberá empregar o estudante para responder ao caso práctico especificarase con cada
entrega.
30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Para os estudantes que fixeron a avaliación continuada haberá un exame final de contido teórico e modalidade escrita. Constará de duas partes:
- Test de 40 preguntas
- Caso practico con 10 preguntas sobre algunhas das leccións do programa e que foron abordadas na sesión maxistral ou nas clases prácticas.Este exame final terá unha calificación numérica de 0 a 10. Para poder superar a materia é necesario obter un mínimo de un 5 puntos no exame final, con independencia do valor ponderado que ten na cualificación final da materia.
60
Outras Asistencia e participación activa que demostre o interese e seguimento dos contidos da materia. Será avaliada cando o/a estudante asista polo menos ao 80% das sesións presenciais (maxistrais e prácticas). 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A) Primeira convocatoria

1. A cualificación final da materia de Dereito Penal de Empresa determínase a partir da suma das cualificacións obtidas en primeiro termo na avaliación continuada desenvolvida por cada estudante e doutra banda a través da realización dunha proba final escrita teórica.

2. O 40% da cualificación corresponderá á nota obtida na avaliación continua (10% asistencia e participación nas aulas ) e 30% nas actividades avaliables. E o 60% da cualificación corresponderá á nota obtida na proba global (exame final).

3. A avaliación continuada, esixe, por unha banda unha asistencia de polo menos o 80% das clases e a realización de 80% das actividades avaliables ( minimo 7 tests e 2 casos prácticos), que se desenvolverán ao longo do curso. Os casos obxecto da avaliación continuada realizaranse e entregaranse necesariamente nas datas establecidas no seu momento no cronograma da materia. A metodoloxía que deberá empregar o estudante para responder ao caso práctico especificarase con cada entrega.

4. O examen final  de contido teórico (modalidade escrita) terá unha cualificación numérica entre 0 e 10, terase que aprobar necesariamente para poder superar a materia, con independencia do valor ponderado que teña na cualificación final da materia.

5. O Modelo de examen final consta de duas partes:

Primeira parte: Exame tipo test sobre ás leccións do programa (40 preguntas) con penalización. A duración do exame é dunha hora. En dita parte do exame non é posible dispoñer de ningún material. As preguntas do test serán seleccionadas entre ás realizadas o longo do curso por cada Lección do programa da guía docente.

Segunda parte: Un suposto de feito con 10 preguntas de resposta curta. Para o desenvolvemento do caso práctico disponse dunha hora.

6. Será obxecto de exame solo os contidos recollidos nesta guía docente. Cada unha das partes do exame final debe acadar como minimo unha culificacion numerica de 4 puntos sobre 10 para facer a media entre entre as dúas partes  do examen.

7.. Modalidade avaliación continúa sen presencialidade con causa xustificada: Os/as estudantes que por causa documentalmente xustificada non poidan asistir ás clases serán avaliados conforme os seguintes criterios: entrega de casos 30% e proba final teórica escrita 70%

8. Os alumnos que non se acollan a evaluacion continua serán avaliados cun exame final (modalidade descrita no punto 5), que constituirá o 100% da nota final. Será necesario superar cada unha das dúas partes con un minimo de catro puntos sobre 10 para facer a media.

B)Segunda convocatoria:

1. Os estudantes que realicen a avaliación continuada (presencialidade e resolución de casos prácticos) poderán presentarse ao exame teórico final en caso de suspender na primeira convocatoria.Se conservará a cualificación da avaliación continuada das actividades realizadas ao longo do curso sempre que realicen o 80% das actividades e a cualificación media do conxunto sexa de acordo á cualificación numérica entre 0 e 10, superior a 5.

2. Os estudantes que non seguiron ou non superaron a avaliación contínua teñan dereito a un exame final teórico-práctico (modalidade descrita no punto 5 ) non que se avalíen as competencias globais dá materia e co que poidan acadar o 100% da nota cos criterios descritos no punto 6.

C) Convocatoria Fin de Carreira:

Os estudantes farán un exame final teórico-práctico (modalidade escrita) no que se avalíen as competencias globais dá materia e co que poidan acadar o 100% da nota.

D)Â As datas do examen serán:

Convocatoria ordinaria : mercores 27 de maio de 2015. Horario: 16, 00 h.


Convocatoria extraordinaria xunio: xoves 16 de xunio de 2015. Horario: 16, 00 h.


Convocatoria fin de carreira : martes 30 setembro de 2014 . Horario 17, 30

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000