Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Creación e simulación de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a calidade dos modelos de simulación de empresas e dos informes sobre as mesmas, elaborados durante as prácticas 25 C1
C3
C4
C5
C6
C7
C10
C11
C12
C14
C16
D1
D2
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a calidade das decisións tomadas no Xogo de Empresa, dos modelos de simulación usados para as mesmas e dos informes sobre todo elo 25
Exame de preguntas obxectivas Primeiro exame teórico-práctico que poderá consistir en contestar preguntas teóricas, preguntas curtas, preguntas tipo test 25 C1
C3
C4
C5
C6
C7
C10
C11
C12
C14
C16
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Segundo exame teórico-práctico que poderá consistir en contestar preguntas teóricas, preguntas curtas, preguntas tipo test 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación inicial será a avaliación continua. Na parte de creación de empresas, consistirá en avaliar os resultados do alumnado obtidos en probas de control de asimilación. Na parte de simulación de xestión de empresas, valorarase a asistencia ás prácticas, a participación nas mesmas, e a elaboración de documentos que os docentes solicitarán como resultado delas. Nesta parte tamén se avaliarán os resultados do equipo do que se forme parte no xogo de empresa, a calidade das decisións tomadas e a información aportada sobre elas. 

Os detalles das puntuacións obtidas nas diferentes actividades a realizar na materia se explicitarán nas sesións correspondentes.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudiantado poderá ser avaliado cun exame de Avaliación Global que suporá o 100% da calificación, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

Os estudantes que non participen na Avaliación Continua nin na Avaliación Global, figurarán nas actas como “non presentados”. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) 

As datas e horas das probas de Avaliación Global (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. 

O horario de titorías dos docentes da materia poderán consultarse na secretaría virtual do alumnado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000