Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Creación e simulación de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas informáticas Avaliarase a calidade dos modelos de simulación de empresas e dos informes sobre as mesmas, elaborados durante as prácticas 50 C1
C3
C4
C5
C6
C7
C10
C11
C12
C14
C16
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Exame teórico-práctico que poderá consistir en contestar preguntas teóricas, preguntas curtas, preguntas tipo test 50 C1
C3
C4
C5
C6
C7
C10
C11
C12
C14
C16
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación inicial será a avaliación continua, consistente en avaliar os resultados do alumno obtidos nunha proba realizada ao rematar a parte de creación de empresas da materia e a asistencia ás prácticas da parte de simulación da materia, a participación nas mesmas e a elaboración de documentos que os docentes solicitarán nas mesmas. Avaliaranse tamén os resultados do equipo do que se forme parte no xogo de empresa. 

Os detalles das puntuacións obtidas nas diferentes actividades a realizar na materia se explicitarán nas sesións correspondentes.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudiantado poderá optar por un único cambio a un sistema de avaliación non continua no que será avaliado cun exame final que suporá o 100% da calificación, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.

A convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

As datas dos exames da materia poderán ser consultados na páxina web da facultade  http://fccee.uvigo.es

A avaliación non continua consistirá nun exame teórico-práctico que poderá basearse en contestar preguntas teóricas, preguntas curtas, preguntas tipo test e na elaboración de modelos económico empresariais de carácter cuantitativo en folla de cálculo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000