Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Creación e simulación de empresas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O alumnado deberá comprender, reter e aplicar os conceptos e informacións explicados nas clases, sobre unha hipotética empresa en proceso de creación baseándose na exposición do profesorado dos conceptos ilustrados nas lecturas e nos casos presentados.
Prácticas con apoio das TIC O alumnado deberá elaborar os exercicios, casos, modelos de simulación propostos ou decisións do xogo de empresa, dependendo da parte da materia a desenvolver.
Os modelos de simulación de empresas elaboraranse nunha aplicación de folla de cálculo, a partir das explicacións teóricas sobre modelos e indicadores relevantes e as orientacións prácticas do profesorado.
No Xogo de empresa os membros do alumnado deberán formar equipos de traballo e tomar decisións sobre a xestión de empresa nos sucesivos periodos do mesmo. Deberán emitir informes sobre as decisións tomadas e sobre a información e os razoamentos utilizados para as mesmas.
Prácticas con apoio das TIC
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000