Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión do coñecemento e a innovación tecnolóxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Os profesores interpelarán aos estudantes con preguntas cuias respostas requerirán relacionar distintas temáticas xa abordadas. 20 A2
A3
A4
B2
Traballo tutelado O traballo tutelado fai referencia a un Plan de Innovación que sigue un modelo proporcionado polo profesor e dispoñible en MOOVI. Serán criterios de avaliación os seguintes:

PRESENTACIÓN FORMAL:
O índice estará o máis desagregado posible e indicará a páxina na que se atopa cada item.
Todas as cifras incluídas en texto, cadros, gráficos e figuras deberán explicitar a fonte.
As citas literais deberán ir entre aspas e acompañadas da fonte da que se extraen. Se non son literais, citarase só a fonte. A detección dun plaxio será castigada coa maior das sancións segundo os Estatutos da Universidade de Vigo.
As fontes -documentais, orais, informáticas...- deberán recollerse todas nun apartado final.

NIVEL E CALIDADE DA PROFUNDIZACIÓN TEMÁTICA

CAPACIDADE DE ANÁLISE
Estructuración e análise crítica da información
Orixinalidade e rigorosidade argumental

EXPOSICIÓN FINAL DUN DOS PROXECTOS PROPOSTOS NO PLAN DE INNOVACIÓN PARA BUSCAR FINANCIAMENTO
Axuste da exposición a 5/10 minutos
Fluidez da presentación
Capacidade de convicción
40 A2
A3
A4
B1
B2
C1
C3
D2
Exame de preguntas obxectivas O exame constará de 20 preguntas tipo test de resposta única, con 4 respostas posibles. Cada pregunta correcta suma 1 punto e cada erro resta 0.33 puntos.
Esta proba tipo test poderá sustituirse nalgunha das convocatorias por enunciados sobre os que o/a estudante deberé mostrar o seu acordo ou desacordo, e explicar os argumentos da súa resposta. Existen exemplos de ámbolos dous tipos de exames en MOOVI.
40 A3
B1
B2
C1
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O horario de tutorías figurará na páxina docente en Moovi. O alumnado poderá solicitar unha cita a través do correo electrónico dos profesores.

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou de forma alternativa optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC.

A puntuación pola participación e o cumprimento de todas as tarefas mantense nas convocatorias do curso académico e non se gardará nos cursos sucesivos.

Notas específicas sobre o exame:

(1) Poderá ser de tipo test ou de preguntas curtas.

(2) Nas transparencias dispoñibles en MOOVI pódese atopar un índice estendido da materia que o alumnado terá que complementar por conta propia durante a ensinanza presencial e/ou coa bibliografía recomendada.

(3) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. No caso de conflito ou discrepancia entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

(4) Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2022-04/regulamento-avaliacion.pdf).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000