Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión do coñecemento e a innovación tecnolóxica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do contido e obxectivos da materia. Metoloxía de traballo e sistemas de control e
avaliación.
Lección maxistral Exposición das bases teóricas e orientación por parte do profesor sobre os contidos do programa. Recoméndase ao estudante que traballe previamente o material entregado polo profesor, co fin de seguir as explicacións e participar activamente nas cuestións e preguntas expostas ao longo da clase.
Debate Os profesores interpelarán aos estudantes con preguntas asociadas á materia nas que as respostas requerirán relacionar conceptos de distintas temáticas xa abordadas.
Traballo tutelado Nestas sesións tamén se contará co apoio do profesor, pero os estudantes traballarán en equipo e autónomamente para elaborar un plan de innovación propio. Para este traballo é esencial ter absorvido os coñecementos das sesións maxistrais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000