Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión do coñecemento e a innovación tecnolóxica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do contido e obxectivos da materia. Metoloxía de traballo e sistemas de control e
avaliación.
Lección maxistral Exposición das bases teóricas e orientación por parte do profesor sobre os contidos do programa. Recoméndase ao estudante que traballe previamente o material entregado polo profesor, co fin de seguir as explicacións e participar activamente nas cuestións e preguntas expostas ao longo da clase.
Resolución de problemas Cada sesión propón unha simulación guiada polo profesor para poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais.
Debate Os profesores interpelarán aos estudantes con preguntas asociadas á materia nas que as respostas requerirán relacionar conceptos de distintas temáticas xa abordadas.
Traballo tutelado Nestas sesións tamén se contará co apoio do profesor, pero os estudantes traballarán en equipo e autónomamente para realizar unha análise propia dun problema de innovación, desenvolver simulacións nas que se apliquen as ferramentas vistas nas clases maxistrais, e un plan de innovación propio. Para este traballo é esencial ter absorvido os coñecementos das sesións maxistrais e desenvolver as habilidades adecuadas durante a resolución dos problemas/exercicios.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000