O obxectivo da materia é introducir ao estudante no ámbito específico dos produtos financeiros derivados. O emprego actual destes instrumentos, tanto por parte das entidades financeiras como do resto de empresas, resulta habitual, polo que o coñecemento da súa existencia, operatoria e posibilidades, resulta unha formación complementaria de considerable valor para o estudante.