Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse unha ou máis probas tipo test para avaliar os coñecementos adquiridos sobre a materia durante o curso, probas que se referirán tanto aos coñecementos adquiridos a través da bibliografía de referencia, coma ao desarrolllo e contido das clases teóricas. Para poder optar a esta clase de avaliación será necesario a asistencia ás clases teóricas. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media coa parte práctica 80 B1
B2
B10
B13
C1
C3
C5
C11
D1
D5
Proxecto Será necesario entregar un traballo ou proxecto realizado en grupo para avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. Para poder optar a esta valoración será necesario a asistencia ás clases dos grupos prácticos. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media coa parte teórica 10 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B13
B14
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha ou máis probas de resposta curta ou tipo test para avaliar os coñecementos da parte práctica 10 B1
B2
B10
B13
C1
C3
C5
C11
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a superación da asignatura, hai dous sistemas de
avaliación.

A avaliación continua (Requírese a asistencia tanto a clases
teóricas e prácticas): Neste caso, o/a alumno/a realizará un exame parcial
libratorio teórico. Para supéralo requírese unha puntuación mínima de 5 (sobre
10) e o peso deste exame na nota final será o 80%. O outro 20% da nota
restante corresponderá a parte práctica e valerá un 10% o examen e un 10% traballo. Neste caso, será necesaria
unha puntuación mínima de 5 de 10 en cada parte para superar a asignatura.

Nos casos en que o/a alumno/a decidiu ir por avaliación
continua e non superou a asignatura, pode presentarse aos exames oficiais para
recuperar a(s) parte(s) que suspendera. 
Neste senso, gardarase a nota obtida durante o curso da parte que tivera
superada (teórica ou práctica), e so presentarase no examen do primeiro período coa parte que ten
supensa. Igualmente, manteranse as partes aprobadas para o examen do segundo período.

Para sucesivas convocatorias de cursos académicos
posteriores non se gardarán as partes aprobadas.

Avaliación non continua: En todo caso, nas convocatorias oficiais, e de selo caso, na convocatoria de Fin de Carreira, haberá un exame final da asignatura que constará de dúas partes.
Un exame sobre a parte teórica que ponderará un 80% da nota e un exame práctico
cunha valoración dun 10%. Neste caso, tamén será necesaria entregar ese mesmo día un traballo realizado de xeito individual que ponderará un 10%. É preciso obter una puntuación
mínima de 5 puntos (sobre 10) tanto en teoría como en práctica para poder facer
a media.

 As datas oficiais de exámenes poderán consultarse na web da
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 
de Vigo

 As diferencias no método de avaliación que utilizan os
centros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e a
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense obedecen á necesaria
adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe propostos e competencias á
diferente organización de clases docentes empregada por ambos os dous centros. En todo caso, as ponderacións exactas de cada proba dáranse a coñecer ao principio de curso en faitic.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000