Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Realizaranse unha ou máis probas tipo test para avaliar os coñecementos adquiridos sobre a materia durante o curso, probas que se referirán tanto aos coñecementos adquiridos a través da bibliografía de referencia, coma ao desarrolllo e contido das clases teóricas. Para poder optar a esta clase de avaliación será necesario a asistencia ás clases teóricas. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media coa parte práctica 80 B1
B2
B10
B13
C1
C3
C5
C11
D1
D5
Traballos e proxectos Será necesario entregar un traballo ou proxecto para avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. Para poder optar a esta valoración será necesario a asistencia ás clases dos grupos prácticos. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media coa parte teórica 10 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B13
B14
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Será necesario a realización dunha proba escrita para avaliar os contidos das clases prácticas 10 B13
B14
C11
C12
C13
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a superación da asignatura, hai dous sistemas de
avaliación.

 

A avaliación continua (Requírese a asistencia tanto a clases
teóricas e prácticas): Neste caso, o alumno realizará un exame parcial
libratorio teórico. Para supéralo requírese unha puntuación mínima de 5 (sobre
10) e o peso deste exame na nota final será do 80%. O outro 20% da nota
restante será obtido como media aritmética entre o(s) traballo (s) ou proxecto
(s) realizados e un exame práctico da asignatura. Neste caso, será necesaria
unha puntuación mínima de 5 de 10 para superar esta parte.

 

Nos casos en que o estudante decidiu ir por avaliación
continua e non superou a asignatura, pode presentarse aos exames oficiais para
recuperar a(s) parte(s) que suspendera. 
Neste senso, gardarase a nota obtida durante o curso da parte que tivera
superada (teórica ou práctica), e so presentarase en xuño coa parte que ten
supensa. Igualmente, manteranse as partes aprobadas para o examen de xullo.

 

Para sucesivas convocatorias de cursos académicos
posteriores non se gardarán as partes aprobadas.

 

Avaliación non continua: En todo caso, na convocatoria de
xuño e xullo haberá un exame final da asignatura que constará de dúas partes.
Un exame sobre a parte teórica que ponderará un 80% da nota e un exame práctico
cunha valoración dun 20%. Neste caso, tamén será necesaria una puntuación
mínima de 5 puntos (sobre 10) tanto en teoría como en práctica para poder facer
a media.

 

As datas oficiais de exámenes poderán consultarse na web da
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 
de Vigo http://fccee.uvigo.es/calendario-examen-201415.html

 

As diferencias no método de avaliación que utilizan os
centros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e a
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense obedecen á necesaria
adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe propostos e competencias á
diferente corganización de clases docentes empregada por ambos os dous centros.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000