Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Teoría da organización
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Proba obxecto de avaliación continua. Consiste na resolución, de forma individual ou en grupo, de cuestións expostas, guiadas e supervisadas polo profesorado sobre a materia. Avaliarase a participación do alumno e a súa capacidade de integración dos conceptos desenvolvidos en clase 20 B1
B12
B13
B14
C1
C3
C5
C6
D1
Presentación Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita) 15 B1
B2
B4
B5
C1
C3
C5
C6
D1
D2
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Dúas probas con igual peso cada unha para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado sobre a materia. A resposta debe ser breve. Terase en conta a capacidade de entendemento, de relación entre conceptos e de aplicación a distintas situacións e continxencias, por parte do estudantado. 50 B1
B2
B12
B13
B14
C1
C3
C5
C6
D1
D3
Traballo Realización por parte do alumnado dun traballo escrito sobre un tema concreto. Avaliarase a súa capacidade de aplicar os conceptos asimilados nas clases maxistrais a situacións nun contexto real ou similar. 15 B1
B2
B4
B5
C1
C3
C5
C6
D1
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación da materia por defecto será a Avaliación Continua (AC). A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc, e os detalles das puntuacións obtidas nas diferentes actividades a realizar se explicitarán na plataforma de teledocencia.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá ser avaliado en Avaliación Global (AG) cun exame final que suporá o 100% da cualificación, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

Os estudantes que non participen na Avaliación Continua nin na Avaliación Global, figurarán nas actas como “non presentados”. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:

(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) 

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Os horarios de titorías dos docentes da materia estarán dispoñibles na secretaría virtual.

Esta materia no PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas - Grao en Dereito, impártese no 2º cuadrimestre do terceiro curso e o profesorado responsable está integrado por Fernando Comesaña Benavides e José Santiago Gómez Fraiz.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000