Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución 30 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B13
B14
C1
C3
C5
C11
C12
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os/as estudantes deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta de tipo curto/medio. Esta avaliación levarase a cabo mediante a realización de dúas probas para avaliar os contidos da parte I (35%) e da parte II (35%) 70 B1
B2
B5
B13
C1
C3
C5
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todas as especificacións respecto
a a avaliación atoparanse claramente detalladas ao comezo do curso en Moovi, no
documento 'Condicións da materia'.

As datas e horas dos exames oficiais (primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o presente curso académico, e poderán consultarse de forma actualizada na páxina web do Centro:http://fccee.uvigo.es/ 

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de EG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa se realizaron.

Independentemente da modalidade de avaliación (continua ou global), é necesario ter polo menos un 5 (sobre 10) en cada proba de avaliación para superar a materia. Igualmente, todas as probas son liberatorias para todas as convocatorias do presente curso académico. As probas non superadas poderán recuperarse nas probas de avaliación de convocatorias oficiais do presente curso académico.

AVALIACIÓN CONTINUA (AC)

A AC considerarase cando se asistiu e participou activamente en máis do 80% das clases prácticas e entregouse o 100% dos casos propostos en ditas prácticas. De non asistir ao 80% das sesións prácticas, enténdese que se optou por AG. 

Para o alumnado de AC, a ausencia a algunha práctica presencial por causa xustificada (dentro da porcentaxe para manter a AC) conlevará que o alumnado deberá realizar e presentar de forma individual o caso correspondente a dita práctica proposto para estudantes de AG. As probas de avaliación para a modalidade AC serán as seguintes: 

1. Casos prácticos desenvolvidos en equipo nas sesións presenciais de prácticas (30%): 70% resultado do caso + 30% participación activa no equipo. 
2. Exame individual para avaliación de contidos Parte I (35%) 
3. Exame individual para avaliación de contidos Parte II (35%) 

Todas as probas de AC realizaranse ao longo do primeiro cuadrimestre.

AVALIACIÓN GLOBAL (AG) 

A AG está dirixida a alumnado que opta por esta modalidade de avaliación ou alumnado que non cumprira cos criterios de AC. 

O alumnado de AG terá dereito a ser avaliado das clases prácticas, aínda que non asista a elas. Esta avaliación realizarase mediante dúas probas de avaliación: Exame individual para avaliación de prácticas e un Traballo individual sobre prácticas a entregar na data do exame oficial. 

A AG levase a cabo mediante as seguintes probas de avaliación, só en convocatorias oficiais, que no seu conxunto conformarán o 100% da cualificación (10 sobre 10), coa seguinte ponderación: 

1. Exame individual para avaliación de contidos Parte I (35%) 
2. Exame individual para avaliación de contidos Parte II (35%) 
3. Exame individual para avaliación de prácticas (15%) 
4. Traballo individual sobre prácticas (15%) - traballo proposto especificamente en Moovi, a entregar na data do exame oficial.

CONVOCATORIA FIN DE CARRERA

Na convocatoria fin de carreira, a avaliaciónl evase a cabo mediante as seguintes probas, que no seu conxunto conformarán o100% da cualificación (10 sobre 10), coa seguinte ponderación: 

1. Exame individual para avaliación de contidos Parte I (35%) 
2. Exame individual para avaliación de contidos Parte II (35%) 
3. Exame individual para avaliación de prácticas (30%) 

Na convocatoria de fin de carreira, débese obter un mínimo de 5 en cada proba de avaliación para superar a materia. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas coa cualificación de “non presentado”. Considerarase que o alumnado presentouse á AC cando se presentou a algunha de probas de avaliación desta modalidade. 

Con independencia da modalidade e convocatori aelixida polo alumnado, lémbrase que estes sempre deben ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado, que se pode consultar na seguinte ligazón: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa 

Titorías: modalidade de Titorías Concertadas, previamente solicitadas ao correo electrónico
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000