Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentacións e exposicións por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódense levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
As exposicións ou presentacións terán lugar nas datas e sesións establecidas.
Proba non recuperable.
20 B1
B5
B9
B13
C14
Resolución de problemas Avalíase a adecuada capacidade do alumnado de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos, o desempeño dentro dun equipo de traballo, o traballo autónomo e a comunicación oral e escrita, entre outros.
Só poderanse entregar actividades nas datas e sesións establecidas.
Proba non recuperable
10 B1
B5
B9
B13
C14
Aprendizaxe baseado en proxectos Avalíase a capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos nas sesións teórico-practicas a un proxecto global (real ou ficticio), así como ó traballo en equipo, a presentación e o contido. Proba non recuperable. Só poderanse entregar actividades nas datas e sesións establecidas.
Proba non recuperable
20 B5
B9
C14
Cartafol/dossier Avalíase a idoneidade do material entregado en relación coas indicacións da tarefa. Actividades de traballo e recollida nas sesións de aula. Proba non recuperable. Só poderanse entregar actividades nas datas e sesións establecidas.
Proba non recuperable
10 B1
C14
Exame de preguntas obxectivas Proba/s para a avaliación de competencias adquiridas tanto na parte teórica como práctica da materia.
Poderá incluír preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, etc.), así como preguntas curtas, numéricas ou de ensaio. Os alumnos seleccionan unha/ s resposta/ s entre un número limitado de posibilidades e/ou responderán a cuestións, ensaios ou exercicios que se lle expoñan. As respostas erróneas penalizan.
Poderase solicitar ao alumnado incluír un PDF como proba do exercicio/ s ou tarefa realizada.
Poderanse facer probas parciais ao longo do semestre.
Formará parte do contido da materia, e por tanto, estará suxeito a avaliación, ademais do contido teórico do manual e os exercicios, toda lectura, actividade, caso, material audiovisual, páxina web, traballo ou comentario indicado ou realizado polos profesores na aula, tanto en horas de teoría como de práctica.
40 B13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia requírese satisfacer
dúas condicións: (1) obter unha puntuación mínima de 5 puntos no conxunto das
probas a avaliar e (2) obter como mínimo 5 puntos no exame final (puntuado
sobre 10), para sumar o resto das probas avaliables. A puntuación obtida pola
participación así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas
polo profesor (casos, exercicios, supostos, exposicións, memorias u otros),
mantense para
primeira e a segunda oportunidade do curso
académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos. Na convocatoria
fin de carreira o exame suporá o 100% da nota. 

O alumnado
poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou
alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación
por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o
prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de
seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación
obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

En
caso de non renunciar á avaliación continua, considerarase que o alumnado se
ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das
probas/actividades de avaliación desta modalidade.

O estudante que non siga a avaliación
continua deberá indicalo ANTES dun mes do inicio do cuadrimestre e serán
examinados mediante unha proba escrita (ou alternativamente, oral se fose
preciso) valorada sobre 10 puntos, que non ten porque coincidir coa proba
daqueles alumnos que sigan a avaliación continua. En devandita proba avalíase
tanto os contidos teóricos como prácticos da materia así comoa súa capacidade
crítica. 

Os estudantes que non participen na AC nin na AG,
figurarán nas actas como “non presentados”.

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda
oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou
disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da
facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Recoméndase
ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do
Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000