Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Macroeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Para levar a cabo a avaliación continua realizaranse ao longo do curso varias probas sobre os diferentes temas que inclúe a asignatura. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames. O examén evaluará toda a materia exposta ao longo do curso. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto na 1ª como na 2ª convocatoria, a nota final da asignatura resultará da suma da nota obtida na avaliación continua, que supoñerá un 40% da nota final (ata 4 puntos) e a nota obtida nun exame escrito, que valerá o 60% restante da nota final (ata 6 puntos). Para aprobar a asignatura será preciso obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Avaliación continua (ata 4 puntos):

O 40% da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia tanto ás clases teóricas como ás clases prácticas, a entrega de follas de exercicios e a nota das probas que se realizan ao longo do curso. Concretamente, a puntuación será a seguinte:

-   Ata 4 puntos polas notas das probas realizadas.

A asistencia ás clases teóricas e clases prácticas é *obligatoria para poder realizar unha avaliación continua, polo que a ausencia inxustificada será penalizada segundo os seguintes criterios:

  • 0-3 faltas sen xustificar: Non se restan puntos.
  • 4-7 faltas sen xustificar: 1 punto menos.
  • 8-9 faltas sen xustificar: 2 puntos menos.
  • A partir de 10 faltas sen xustificar: A *puntuación da avaliación continua será de 0 puntos

Exame escrito (ata 6 puntos):

Realizarase un exame final que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames. Será necesario, para poder superar a asignatura, alcanzar unha nota de 5 puntos sobre 10 no exámen.

Os alumnos que non realicen a avaliación continua nin o exámen final teñen dereito a figurar en actas como "Non presentados"

NOTA IMPORTANTE SOBRE A 2ª CONVOCATORIA:

A cualificación que obteñan os alumnos pola avaliación continua manterase na 2ª convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000