Traballos tutelados |
O estudantado, de forma individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc. Tratarase dunha actividade en grupo ou individual na que o alumnado recolle información, manexa bibliografía, elabora documentacions, etc. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Formulación, resolución, presentación e debate de exercicios/cuestións/problemas por parte do alumno/a, de forma individual ou en grupo, baixo a proposta, guía e supervisión do profesor/a. O alumno/a debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos específicos e axeitados, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. O alumnado debe desenvolver de forma autónoma a análise e a resolución dos problemas e/ou exercicios polo que é preciso que o alumno traballe previamente o material explicado polo profesor/a. |
Prácticas de laboratorio |
Exercicios de aplicación práctica de diversas técnicas por parte do alumno/a a través das TIC en aulas de informática, de forma individual ou en grupo, baixo a proposta, guía e supervisión do profesor/a |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicios ou proxectos que debe desenvolver o estudante. Requírese que a participación activa do alumnado no aula. Ademais suele ser necesario que o alumnado traballe previamente o material entregado polo profesor/a. |