Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito mercantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Na clase maxistral exporanse e explicarán os aspectos máis relevantes dos distintos temas que integran o programa da materia. O obxectivo é que ditas clases constitúan unha base de coñecemento que deberá ser completada por outras vías, tales como a realización de casos prácticos, actividades de seminario, lecturas recomendadas, estudo persoal, etc.
Prácticas de laboratorio As clases prácticas consistirán, principalmente, na resolución de problemas xurídicos que xurdan dun suposto práctico. Nelas terase a oportunidade de profundar nos distintos temas que integran o programa da materia. Deberanse manexar directamente os textos legais, e responder de forma fundada ás distintas cuestións expostas en relación cos problemas que se susciten. Tamén se procederá á contestación escrita de cuestionarios de distinto formato relativos á materia explicada nas sesións maxistrais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000