Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Dúas probas de avaliación escritas, cada unha delas formará o el 40% da nota final. Realizarase en dous bloques: unha proba parcial e unha proba final na data oficial establecida no calendario de exames.

O alumno/a que no parcial obteña polo menos 4 puntos sobre 10 (e un mínimo de 2 puntos sobre 10 en cada parte na que se estruture a proba de avaliación dun bloque), poderá ser avaliado na proba final dos temas restantes do programa. Quen non supere estes mínimos terá que ser avaliado de toda a materia na proba de avaliación global final.

A proba de avaliación global final constará de dous bloques: o primeiro cos temas da proba parcial, e o segundo cos restantes temas do programa. Cada bloque terá un peso do 50%. É condición necesaria: 1) obter como mínimo un 2 sobre 10 en cada unha das partes nas que se estruture a proba de avaliación de cada bloque; 2) obter como mínimo 4 puntos sobre 10 en cada bloque para facer a media aritmética simple de ambas cualificacións; 3) obter polo menos un 4 sobre 8 de media entre os bloques para poder sumar esta nota á avaliación continua e alcanzar o 5 necesario para superar a materia.
80 B1
B2
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C16
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse, polo menos, dúas probas escritas ao longo do cuadrimestre. Cada unha destas probas valorarase, como máximo, con 1 punto. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno/a poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC) ou alternativamente optar a ser avaliado cunha proba de avaliación  final global (AG) que permita alcanzar o 100% da nota máxima. En caso de optar pola avaliación continua (a cal levará a cabo mediante o sistema de avaliación descrito anteriormente), a proba da avaliación da convocatoria oficial será parte da mesma do mesmo xeito que o resto de probas que se realicen ao longo do cuadrimestre: 20% + 40% + 40%. En calquera caso, a nota da proba de avaliación global final realizada na convocatoria oficial prevalecerá como cualificación final si esta fose superior á obtida mediante o sistema de avaliación continua. Agora ben, para aprobar sen avaliación continua, haberá que obter polo menos un 5 sobre 10 de media na proba de avaliación global final (50% + 50%) , cumprindo en calquera caso cos mínimos requiridos por bloques e partes nas que se estruture cada bloque.

Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a cinco puntos.

Na convocatoria extraordinaria de xullo mantense o mesmo sistema de avaliación que na convocatoria ordinaria. Na convocatoria de fin de carreira a proba de avaliación global suporá o 100% da avaliación.

A data oficial das probas de avaliación da materia pódese consultar na seguinte web: http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa 

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000