Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Neurociencia
 Materias
  Canles Iónicos e Comportamento Neuronal. Introdución ás Canlepatías
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Avaliarase a asistencia do alumno a un experimento real no laboratorio de neurociencia da UVIGO. A asistencia debe ser polo menos dunha mañá ou unha tarde.
Representará o 10% da nota final.
10 A1
A2
A3
A4
A5
Prácticas con apoio das TIC A asistencia ás prácticas é obrigatoria. Avaliarase unha pequena memoria coa resposta ás preguntas que aparecen nos guións de prácticas.
Representará o 10% da nota final
10 A1
A2
A3
A4
A5
Exame de preguntas obxectivas A primeira parte da materia terá os contidos xerais e de técnicas
electrofisiológicas necesarios para entender a segunda parte. Avaliarase o coñecemento adquirido cun exame test con catro opcións e só unha correcta. As preguntas mal contestadas contarán negativo. Representará o 40% da nota final.
40
Exame de preguntas obxectivas A segunda parte da materia repasará os grupos de canles iónicos máis representativos. Avaliarase o coñecemento adquirido cun exame test con catro opcións e só unha correcta. As preguntas mal contestadas contarán negativo. Representará o 40% da nota final. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é necesario obter un 5 sobre 10. Todas as actividades son obrigatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000