Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Máster Universitario en Neurociencia
 Materias
  Técnicas Neuroanatómicas
   Contidos
Tema Subtema
Práctica 1. Fixación e inclusión do tecido nervioso. Fundamentos. Fixación química: Tipos de fixadores, métodos de fixación, criterios de elección de fixadores. Inclusión: Medios de inclusión para microscopía óptica e electrónica. Fixación e inclusión de mostras de tecido nervioso para microscopía óptica e electrónica usando distintos fixadores e medios de inclusión segundo a técnica que se vaia a realizar.
Práctica 2. Microtomía.

Fundamentos. Introducción á obtención de seccións de tecido nervioso. Tipos de microtomos.
Obtención de seccións a partir de material incluido e non incluido segundo a técnica que se pretenda realizar.
Práctica 3. Métodos xerais de tinción e observación do tecido nervioso. Fundamentos. Técnicas de tinción xerais para a observación do tecido nervioso. Tipos e aplicacións. Tincións histoquímicas. Tincións. Tinción de Nissl. Método de Golgi. Tinción histoquímica para a sintasa do óxido nítrico.
Práctica 4. Técnicas inmunohistoquímicas: microscopía óptica e electrónica. Fundamentos. Principios básicos e aplicacións. Inmunohistoquímica indirecta para microscopía óptica e para microscopía de fluorescencia, e en pre-inclusión e post-inclusión para microscopía electrónica. Detección de proteínas marcadores gliais e neuronais para a súa observación en microscopía óptica, de fluorescencia e electrónica en pre-inclusión.
Práctica 5. Detección de vías neuronais con trazadores. Fundamentos. Tipos de trazadores, técnicas de aplicación, experimentos in vivo e in vitro. Marcaxe no encéfalo utilizando como trazador HRP ou BDA e marcaxes con trazadores fluorescentes (FDA e TRDA) en medula espiñal.
Práctica 6. Hibridación in situ. Fundamentos. Tipos de sondas. Obtención e marcaxe de sondas. Hibridación in toto e en seccións. Detección da expresión dun xene nun encéfalo in toto.
Práctica 7. Análise dos resultados.

Observación, interpretación, toma de imaxes e presentación de resultados.

Deseño dun protocolo para resolver un problema específico.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000