Guia docente 2023_24
Facultad de Biología
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Prácticas Externas
   Contidos
Tema Subtema
Serán aqueles ofertados no laboratorio, departamento, *area ou planta da institución receptora do alumno. Os contidos sobre Bioloxía Mariña serán os manexados no centro receptor, previo acordo entre o alumno, o titor interno e o titor externo. A temática ofertada para realizar as prácticas externas será variada, para cubrir as distintas aspiracións formativas do alumno *i.e. biotecnoloxía mariña, xestión de pesqueiras, contaminación costeira e *bioremediación, avaliación de recursos, etc. A liña de traballo concreta na que se *intergrará o alumno no centro receptor, manexará elementos, procesos e conceptos afíns aos ensinos do título, en sentido *ámplio e *multidisciplinariamente. O *background obtido no primeiro ano do título, permite adaptarse a calquera disciplina esixida na empresa, centro ou institución de acollida de alumnos en prácticas externas. A ampliación de temas durante as prácticas, conta co apoio ao alumno dos seus titores interno e externo, para asegurar a adecuada formación do mesmo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000